fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 25 Setembro 2020 10:43

Axudas para deportistas individuais do Concello de Soutomaior 2020

Axudas para deportistas individuais do Concello de Soutomaior 2020

 A Concellería de Deportes do Concello de Soutomaior, sendo consciente das dificultades dos deportistas de modalidades individuais para progresar na súa formación integral e para participar en distintas competicións, propón a convocatoria de axudas para a promoción e difusión do deporte e para impulsar a práctica deportiva.

As bases reguladoras da concesión destas axudas establécense de conformidade co disposto na Lei 38/03, de 17 de novembro, xeral de subvencións, e na Lei 9/07, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Destinatarios/as: Deportistas  individuais que participen en competicións deportivas oficiais.

Prazo: 15 días, contados a partir do seguinte á publicación da convocatoria no BOPPO.

  • Estar empadroado no Concello de Soutomaior antes do 01-01-2020
  • Estar federado no período para o que se solicita a axuda e na data de solicitude da mesma dentro da modalidade que practiquen.
  • Estar ao corrente nas obrigas tributarias coa Facenda estatal e autonómica, así como estaren ao corrente das obrigas coa Seguridade Social.
  • Os establecidos no artigo 13 da Lei xeral de subvencións e aplicables no presente caso.
  • Non estar cumprindo sanción firme por infracción disciplinaria ou administrativa en materia deportiva, cualificada como grave ou moi grave.

As axudas  concederanse en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de obxectividade, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia.

As solicitudes presentaranse, no Rexistro Xeral do Concello ou ben a a través dos procedementos previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Así mesmo, tamén poderán presentar a súa solicitude electrónicamente a través de http://soutomaior.sedelectronica.es/

Documentación:

  1. Fotocopia do DNI e do libro de Familia no caso de menores de idade
  2. Certificado orixinal de empadroamento do concello de Soutomaior.
  3. Declaración xurada das subvencións ou axudas solicitadas ou percibidas polo solicitante por parte doutras entidades públicas ou privadas (nacionais ou estranxeiras) para o financiamento da actividade para a que se solicita a axuda (Anexo II).
  4. Declaración xurada de non estar incurso en prohibición para obter a condición de beneficiario da subvención conforme ao disposto no art. 13 da Lei xeral de subvencións. (Anexo III).
  5. Declaración xurada de estar ao corrente das obrigas coa Axencia Tributaria autonómica, coa facenda galega e coa Seguridade Social. (Anexo IV)
  6. Fotocopia compulsada da licenza federativa que deberá estar vixente.
  7. Memoria deportiva do ano 2019, indicando o carácter de cada competición onde se participou (provincial, galego, estatal ou internacional).

O pagamento das axudas farase nun único pagamento previa presentación dos gastos xustificados con:

  • Facturas orixinais (ou fotocopias debidamente compulsadas), ou certificados de pago relacionados coa actividade realizada no seu caso correspondente o ano en curso (2020).
  • Acreditación do gasto realizado(como mínimo o importe da axuda) , é dicir, que foi efectivamente pagado.

A xustificación da axuda poderá realizarse ata o 30 de novembro do ano en curso.

Cando os deportistas sexan menores de idade as axudas terán que ser solicitadas pola nais, pais ou o titores.

Terán a consideración de deportes de carácter individual todos aqueles deportes que, segundo a súa regulamentación, son practicados por un ou dous deportistas como máximo.

Todas as bases pódense consultar na páxina web: www.soutomaior.gal


Publicado en Deportes
Descargar adjuntos:

BASES-AXUDAS-DEPORTISTAS-2020.pdf (128 Descargas)
Visto 667 veces