fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 11 Xuño 2020 11:02

Clases de verán de tenis e pádel

Clases de verán de tenis e pádel

O Concello de Soutomaior pon en marcha, a partir do próximo luns, o período de inscrición das clases de verán de tenis e pádel que terán o seu desenvolvemento nos meses de xullo e agosto nas pistas da Montesiña. As clases estarán destinadas a dous grupos de idades: os adultos (maiores de 18 anos) e os xunior (de 14 a 18 anos) Os días e horarios dependerá da dispoñibilidade dos rexistrados e dos distintos grupos que se poidan formar.

PÁDEL Xunior:

  • Horario: De luns a venres en horario de mañá 
  • Participantes: 4 - 5 por grupo
  • Horas semais: 2
  • Idade mínima: 14 anos

TENIS Xunior:

  • Horario: luns e mércores a partir das 20:00 h
  • Participantes: 4 - 6 por grupo
  • Horas semais: 2 h

PÁDEL Adultos:

  • Horario: De luns a venres a partir das 19:00 h
  • Participantes: 3 - 4 por grupo
  • Horas semais: 1 h Polas mañás según dispoñibilidade horaria

TENIS Adultos:

Perfeccionamento

  • Horario: Luns de 20:00 a 21:00 h 
  • Participantes: Máximo 6 participantes por grupo.

Iniciación

  • Horario: Luns 21:00 a 22:00 h 
  • Participantes: Máximo 6 participantes por grupo
  • Número mínimo de inscritos por grupo: 4

Avanzados

  • Horario: Mércores de 21:00 a 22:30 h
  • Participantes: Máximo 5 participantes por grupo
  • Número mínimo de inscritos por grupo: 3

 

O período de inscricións finaliza o venres 26 de xuño.

Información e inscricións no Pavillón Municipal no horario de 20:30 a 22:30 h.


Publicado en Deportes
Visto 778 veces