fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 29 Mai 2020 13:07

O C.D.Soutomaior sénior e o C.D.Arcade cadete ascenden de categoría.

O C.D.Soutomaior sénior e o C.D.Arcade cadete ascenden de categoría.

Ante as excepcionais circunstancias de forza maior que se derivan da pandemia COVID19, as ligas de fútbol non profesionais déronse por finalizadas coa clasificación existente ao 14 de marzo de 2020.

 Por iso dous equipos do noso Concello ascenderon de categoría, o C.D.Soutomaior Sénior e o C.D.Arcade Cadete.

Despois de varios anos tentándoo por fin chego o desexado ascenso do C.D.Soutomaior a 2ª autonómica. Con 17 partidos xogados, 11 gandos, 2 empatados e 4 perdidos estaba situado no 2º lugar de clasificación con 35 puntos.

Xunto co C.D.Soutomaior ascende a 2ª Autonómica a S.D.Monteporreiro.

O C.D.Arcade cadete figuraba na clasificación, no momento da suspensión, no segundo posto con 38 puntos despois de xogar 16 partidos, gañar 12, empatar 2 e perder 2 e con eses números lograron ascender a 1ª autonómica. Desde o Concello de Soutomaior queremos felicitar aos xogadores, técnicos e equipo directivo de ambos os clubs por este merecido ascenso


Publicado en Deportes
Visto 668 veces