Luns, 25 Mai 2020 14:19

Apertura das pistas de pádel e tenis – Escolas Deportivas

Apertura das pistas de pádel e tenis – Escolas Deportivas

A partir deste xoves día 28 ás 00.00 horas xa se poden reservar as pistas de tenis e pádel da Montesiña.

As condicións de uso serán as seguintes:

Só está permitido nas pistas, bancos e arredores os xogador@ s que teñan a reserva horaria

Recoméndase lavarse as mans adecuadamente e o calzado antes de estar en contacto coa instalación cos medios que se poñerán ao dispor dos usuari@s.

Non cambiar de lado de pista nin entre xogos nin entre sets.

Manter as debidas medidas de seguridade e protección e a distancia mínima de seguridade de, polo menos, dous metros en todo momento.

Non entrar nas pistas ata que a quenda anterior abandóneas definitivamente.

As oficinas do pavillón de deportes estará aberto en horario de 20,30 a 22,30 h. de luns a venres exclusivamente para reservar de pistas, bonos e fichas para iluminación das pistas.

Poderanse seguir facendo reservas por internet.

Así mesmo a partir do 1 de xuño iniciaranse novamente as clases (exclusivamente para adultos) nos días e horarios que había antes da suspensión.

As clases para niñ@ s quedan suspendidas definitivamente ao non poder garantirse (polo número de alumn@ s por clase) as medidas de seguridade, distancia e protección.

Tamén quedan suspendidas  definitivamente as Escolas Deportivas 2019-2020 que se impartían no Pavillón Municipal A Montesiña

Os afectados poden solicitar o reembolso do importe proporcional das clases canceladas.


Publicado en Deportes
Visto 506 veces


Concellería de Deportes
Pavillón Municipal A Montesiña

Maís Kaiak Soutomaior

06-07-2020 / Deportes

O Concello de Soutomaior pon en marcha novamente o programa MAÍS KAIAK que desenvolverá durante os meses de xullo e agosto na praia do Peirao de Arcade e na zona recreativa de Comboa. As datas, horarios e normas son as seguintes: 11 a 23 de Xulio: Praia de Arcade 24 a 31 de Xulio: Zona Recreativa de Comboa  01 a 17 de Agosto:...

Posta en servizo da nova pista de tenis

01-07-2020 / Deportes

A partir de hoxe día 1 de xullo xa se pon en servizo a nova pista de tenis que se atopa situada en Salgueirón á altura do parque biosaudable. As reservas, igual que a pista cuberta, pódese realizar no Pavillón Municipal ou ben por medio de bonos na páxina web  www.soutomaior.com Con esta nova pista o equipo de tenis do club...

Clases de verán de tenis e pádel

11-06-2020 / Deportes

O Concello de Soutomaior pon en marcha, a partir do próximo luns, o período de inscrición das clases de verán de tenis e pádel que terán o seu desenvolvemento nos meses de xullo e agosto nas pistas da Montesiña. As clases estarán destinadas a dous grupos de idades: os adultos (maiores de 18 anos) e os xunior (de 14 a...

O C.D.Soutomaior sénior e o C.D.Arcade cadete ascenden de categoría.

29-05-2020 / Deportes

Ante as excepcionais circunstancias de forza maior que se derivan da pandemia COVID19, as ligas de fútbol non profesionais déronse por finalizadas coa clasificación existente ao 14 de marzo de 2020.  Por iso dous equipos do noso Concello ascenderon de categoría, o C.D.Soutomaior Sénior e o C.D.Arcade Cadete. Despois de varios anos tentándoo por fin chego o desexado ascenso do C.D.Soutomaior a...

Pista de tenis Pavillón A Montesiña

27-05-2020 / Deportes

Debido ao pintado da pista de tenis da Montesiña as reservas da instalación poderanse realizar para o sábado día 30 e posteriores. As reservas das pistas de pádel a partir deste xoves día 28 ás 00.00 horas tal como estaba anunciado. Nuns días xa se poderá utilizar a nova pista situada na zona recreativa de Salgueirón

Apertura das pistas de pádel e tenis – Escolas Deportivas

25-05-2020 / Deportes

A partir deste xoves día 28 ás 00.00 horas xa se poden reservar as pistas de tenis e pádel da Montesiña. As condicións de uso serán as seguintes: Só está permitido nas pistas, bancos e arredores os xogador@ s que teñan a reserva horaria Recoméndase lavarse as mans adecuadamente e o calzado antes de estar en contacto coa instalación cos medios que se...

TV Concellería de Deportes