fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 17 Decembro 2015 10:01

Festival de Patinaxe

Festival de Patinaxe

FESTIVAL DE PATINAXE

O Club de Patinaxe Artística de Soutomaior organiza mañá venres 18 de decembro a partir das 19,00 horas no Pavillón da Montesiña o seu tradicional festival de Nadal. Máis de 250 patinadores e patinadoras mostrarán os seus dotes artísticos representando aos clubs invitados. O Club local Patinaxe Artística de Soutomaior estará acompañado por representantes das Escolas Deportivas do Concello de Soutomaior así como dos clubs de patinaxe de Gondomar e Condado. Sortearanse agasallos entre os asistentes e o club Patinaxe Artística de Soutomaior da man da súa adestradora Ruth Cameselle poñerán en escena as súas coreografías coas que participarán nos distintos festivais e campionatos onde veñen obtendo excelentes resultados co que os integrantes do club increméntanse día a día.


Publicado en Deportes
Visto 3091 veces