Venres, 04 Outubro 2019 09:51

Festival Deportivo

Festival  Deportivo

Pavillón A Montesiña – Sábado 5 de outubro ás 19,00 horas

Con motivo da posta en servizo da remodelación do pavillón municipal terá lugar un festival deportivo no que intervirán os clubs Patinaxe Artistica Soutomaior, Kick Boxing Club Arcade e Club Treboada de ximnasia rítmica e acrobática.

Máis de 160 deportistas dos tres clubs, que forman parte das escolas deportivas, poñerán a proba as remodelacións desta instalación deportiva onde se procedeu á substitución do pavimento deportivo tipo areaelastico con acabado de haxa sobre soportes elásticos de caucho.

Realizouse o desmonte e retirada da instalación de fontanería actual en ferro galvanizado, elementos de conexión, chaves de paso, válvulas mesturadoras, fluxores, chaves e rociadores e substitúense por novas unidades temporizadas.

En canto á iluminación interior do pavillón púxose en marcha o cambio de 18 unidades de proxectores colocados na estrutura da cuberta, actualmente de halogenuro de 400 W, por novas unidades de campá con fonte de luz Módulo LED de 165 W cun fluxo luminoso de 20500 lm.

Tamén na zona exterior cambiáronse 8 unidades na pista de tenis e e 4 unidades na pista de pádel.

 Substituiranse os taboleiros de baloncesto por uns de metacrilato de resistencia a impactos elevada e con aros de canastra basculantes conforme ás esixencias da normativa FIBA e instalarase un sistema de adaptación de altura de baloncesto para minibasquet.


Publicado en Deportes
Visto 405 veces


Concellería de Deportes
Pavillón Municipal A Montesiña

Suspensión de actividades deportivas ao aire libre

16-01-2020 / Deportes

Debido que a Axencia Estatal de Meteoroloxía avisa dun fenómeno adverso de nivel laranxa por vento o Concello de Soutomaior informa que quedan suspendidas as seguintes actividades deportivas: Clases de Tenis e Padel (Pistas Pavillón A Montesiña) Adestramentos Campo de Fútbol Municipal de Salgueirón (Arcade) Adestramentos Campo de Fútbol Municipal de Candán (Soutomaior) O xoves 16/01/20 dende as 06.00 da madrugada ata as 20.00...

Peche de instalacións deportivas

20-12-2019 / Deportes

Peche de instalacións deportivas ao aire libre Por mor da alerta laranxa decretada pola AEMET o Concello de Soutomaior ordena preventivamente o peche de instalacións deportivas municipais ao aire libre para sábado 21 de decembro dende as 06.00 horas ata as 23.59 horas

Suspensión de actividades ao aire libre

18-12-2019 / Deportes

Debido que a Axencia Estatal de Meteoroloxía informa dun fenómeno adverso de nivel laranxa por vento o Concello de Soutomaior informa que quedan suspendidas as seguintes actividades deportivas: Clases de Tenis e Padel (Pistas Pavillón A Montesiña) Adestramentos Campo de Fútbol Municipal de Salgueirón (Arcade) Adestramentos Campo de Fútbol Municipal de Candán (Soutomaior)

Festival Nadal Gimnasio Club Arcade

18-12-2019 / Deportes

Domingo 22 ás 11,00 h. – Pavillón Municipal A Montesiña Como todos os anos por estas datas o Ximnasio Club Arcade celebra o seu festival de nadal onde participarán todos os seus alumn@ s dentro das modalidades de Kick Boxing, Baile Moderno, Aerobic,etc. Dentro da modalidade de kick boxing poñerase en escena unha representación a cargo de nenos desde os 3 anos...

Gala do Kick Boxing Galego 2019

05-12-2019 / Deportes

 O vindeiro sábado día 7 de decembro a partir das 11,00 horas terá lugar no Multiusos de Arcade a Gala de entrega de premios e mencións do Kick Boxing Galego. Organizada pola Federación Deportiva Galega de Kick Boxing nesta Gala farase un expreso recoñecemento de persoas e entidades que, ben pola súa directa actividade ou iniciativa persoal, ben como partícipes no...

Competición de Tatami Sport - Kick Boxing Club Arcade

22-11-2019 / Deportes

Competición de Tatami Sport da FEDERACIÓN GALEGA KICKBOXING no recinto de Expourense no contexto do SPORTUR 2019. Resultados Kick Boxing Club Arcade: