fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 18 Setembro 2019 10:58

Obras no Pavillón Municipal “A Montesiña”

Obras no Pavillón Municipal “A Montesiña”

Dentro do proxecto de melloras nas instalacións da área deportiva da Montesiña, continúan a bo ritmo as obras dentro do pavillón Municipal onde se está procedendo á substitución do pavimento deportivo tipo areaelastico con acabado de haxa sobre soportes elásticos de caucho.

Realízase o desmonte e retirada da instalación de fontanería actual en ferro galvanizado, elementos de conexión, chaves de paso, válvulas mesturadoras, fluxores, billas e rociadores e substitúense por novas unidades temporizadas.

En canto á iluminación interior do pavillón procédese á substitución de 18 unidades de proxectores colocados na estrutura da cuberta, actualmente de halogenuro de 400 W, por novas unidades de campá con fonte de luz Módulo LED de 165 W cun fluxo luminoso de 20500 lm.

Tamén na zona exterior procederá á substitución de 8 unidades na pista de tenis e á substitución de 4 unidades na pista de pádel.

Substituiranse os taboleiros de baloncesto por uns de metacrilato de resistencia a impactos elevada e con aros de canastra basculantes conforme ás esixencias da normativa FIBA

As obras están previstas que finalicen a finais de setembro e poñeranse en servizo o sábado 4 de outubro cun acto de posta en marcha das instalacións no que participarán os clubs Patinaxe Artística Soutomaior, Kick Boxing Club Arcade, Club de ximnasia rítmica e acrobática Treboada e ,organizado polo Club Baloncesto Arcade , un concurso de triples.


Publicado en Deportes
Visto 822 veces