fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 06 Setembro 2019 13:41

Baixada de carrilanas -Arcade 2019.

Baixada de carrilanas -Arcade 2019.

Domingo 8 de setembro.

A proba disputarase nun circuíto polos viais do barrio de Arcade de Riba ( Pozovello) é puntuable para a Copa Galicia. A competición percorre por terceiro ano consecutivo as costas deste barrio de Arcade cunha baixada que ofrece un circuíto de 1.200 metros de lonxitude, e sobre todo moi técnico para poñer a proba a pericia dos participantes.

Algunhas das carrilanas alcanzan medias superiores aos 60 quilómetros por hora, con velocidades puntas ata de 80, o que pon de manifesto a espectacularidade do trazado.

Organiza esta baixada a Asociación veciñal e Cultural Pozovello que conta coa colaboración do Concello de Soutomaior e a supervisión da Federación de deportes de inercia.

 O horario está previsto para iniciar as saídas, nunha primeira manga, sobre as 17,00 horas e prolongarase ata as 21,00 horas.

Os non federados para participar na “baixada” teñen que ingresar o importe do seguro ata o venres 6 de setembro. Debido a esta proba deportiva quedarán pechados ao tráfico os accesos a Arcade de Riba desde as 15,00 ata as 22,00 horas quedando en mans da Policía Local o control de acceso á zona da proba que espera reunir mais de 60 “ bólidos” nas súas distintas categorías.


Publicado en Deportes
Visto 1377 veces