Venres, 09 Agosto 2019 12:42

XXV Concentracional Nacional Seat 600

XXV Concentracional Nacional Seat 600

O vindeiro domingo día 11 no Peirao de Arcade terá lugar a habitual concentración de Seat 600 que neste ano cumprirá a súa XXV edición. Máis de 100 seat 600 espérase que esten no parque pechado o domingo desde onde se desprazarán por distintos lugares das Rias Baixas. A saída está prevista para as 11,30 horas.

O sábado día 10 desde as 16,00 ata as 19,00 horas na caseta de turismo do Peirao estará aberto o prazo de inscrición para rematar ese día cunha cea de confraternidade entre os participantes.

Preto de 30 clubs distintos desprazados desde Madrid,Barcelona, Sevilla,Valencia, etc. estarán presentes nesta XXV concentración de seat 600 organizada polo Club Seat 600 Arcade e que conta coa colaboración do Concello de Soutomaior


Publicado en Deportes
Visto 464 veces


Concellería de Deportes
Pavillón Municipal A Montesiña

Antonio Palmás na final do campionato do mundo

17-10-2019 / Deportes

O piragüista Antonio Palmas disputará esta mañá (10,40 h) a final de K1 despois de clasificarse onte na semifinal en campionato do mundo 2019 ICF Canoe Marathon que se están disputando na cidade Chinesa de Shaoxing. Todas as regatas poden seguirse en directo pola páxina oficial do campionato do mundo ( https://www.canoeicf.com/canoe- marathon- world- championships/ shaoxing-2019) a partir das 10.30 horas...

DEPORTE escolas - Patinaxe

07-10-2019 / Deportes

DEPORTE escolas – Deputación Pontevedra - Patinaxe Convócase a todos os participantes das DEPORTE escolas de patinaxe a unha reunión que terá lugar no pavillón Municipal A Montesiña de Soutomaior o luns día 7 de outubro ás 18,00 horas

Festival Deportivo

04-10-2019 / Deportes

Pavillón A Montesiña – Sábado 5 de outubro ás 19,00 horas Con motivo da posta en servizo da remodelación do pavillón municipal terá lugar un festival deportivo no que intervirán os clubs Patinaxe Artistica Soutomaior, Kick Boxing Club Arcade e Club Treboada de ximnasia rítmica e acrobática. Máis de 160 deportistas dos tres clubs, que forman parte das escolas deportivas, poñerán a...

Obras no Pavillón Municipal “A Montesiña”

18-09-2019 / Deportes

Dentro do proxecto de melloras nas instalacións da área deportiva da Montesiña, continúan a bo ritmo as obras dentro do pavillón Municipal onde se está procedendo á substitución do pavimento deportivo tipo areaelastico con acabado de haxa sobre soportes elásticos de caucho. Realízase o desmonte e retirada da instalación de fontanería actual en ferro galvanizado, elementos de conexión, chaves de paso...

Inscricións Escolas Deportivas 2019-2020

06-09-2019 / Escolas Deportivas

O vindeiro luns día 9 ábrese o prazo de inscrición para as Escolas Deportivas do Concello de Soutomaior 2019-2020. As inscricións pódense realizar ata o día 27 deste mes no Pavillón da Montesiña en horario a partir das 18,30 horas. O inicio das actividades será o luns 7 de outubro.  

Baixada de carrilanas -Arcade 2019.

06-09-2019 / Deportes

Domingo 8 de setembro. A proba disputarase nun circuíto polos viais do barrio de Arcade de Riba ( Pozovello) é puntuable para a Copa Galicia. A competición percorre por terceiro ano consecutivo as costas deste barrio de Arcade cunha baixada que ofrece un circuíto de 1.200 metros de lonxitude, e sobre todo moi técnico para poñer a proba a pericia dos...