fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 09 Agosto 2019 12:14

Reforma do pavillón deportivo da Montesiña

Reforma do pavillón deportivo da Montesiña

O Concello de Soutomaior acaba de dar luz verde á reforma integral do pavillón municipal da Montesiña coa adxudicación dos traballos da instalación dunha nova pista de parqué, destinada a mellorar as condicións dos equipos locais de baloncesto e patinaxe artístico, o cambio do sistema de iluminación e a renovación da fontanería.

A nova pista de parqué, de tipo aerolástico con acabado de haxa sobre soportes de caucho, terá unha superficie total de 1.060 metros cadrados e cumprirá con todas as normativas europeas para pavimentos deportivos de interior. Contará coa certificación FIBA que acredita o nivel de competición 1.

Ademais da instalación da nova pista deportiva, acometerase unha reforma de todo o sistema de fontanería para a súa actualización e substituirase por completo o sistema de iluminación da pista por un novo de focos led.

Despois das pistas de pádel e a renovación da cuberta faltaba isto para dispoñer dun pavillón á altura dos nosos deportistas e o ano próximo renovarase e mellorará todo o que é o exterior da instalación.

Os traballos de mellora no pavillón municipal volveron convocar recentemente xa que a anterior adxudicataria, á hora de fornecer o material, non cumpría os parámetros definidos na adxudicación segundo informes dos técnicos municipais, polo que se lle cancelou a adxudicación e realizouse un novo concurso público.

As obras iniciaranse a finais de agosto para que todo estea preparado para a nova tempada deportiva esperando conclúan as obras antes de que finalice en mes de setembro e así iniciar as escolas deportivas e o resto de actividades do 1 de outubro.

O importe destas obras de mellora está asumido con fondos propios do Concello de Soutomaior


Publicado en Deportes
Visto 863 veces