fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 14 Xuño 2019 10:40

Clinic de Juan Lebrón en Soutomaior

Clinic de Juan Lebrón en Soutomaior

Juan Lebrón imparte mañá sábado día 15 en horarios de 10 a 13 h e de 16 a 19 h un clinic de padel nas pistas do pavillón Municipal da Montesiña. Juan Lebrón é o actual nº 5 do World Padel Tour e coa súa actual parella de xogo, Paquito Navarro, están clasificados en segundo lugar da clasificación mundial.

O clinic organizado polo club local Tenis & Padel Soutomaior e coa colaboración do Concello de Soutomaior e da Secretaría Xeral para ou deporte tamén servirá para estrear a reforma da primeira pista de padel que se fixo no Concello e cuxos muros eran de cemento para pasar a ser agora unha pista semi panorámica de cristal.

Así mesmo colocáronse nos fondos paneis de policarbonato para evitar os contrastes de luz e a entrada lateral de auga cando chove

Todas as prazas para inscribirse neste clinic xa se cubriron hai días completando así as 36 que se ofertaron.

O Alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, o presidente do club Tenis & Padel Soutomaior, Esteban Cernadas, así como o vicepresidente Fernando Castro presentaron hoxe este evento nas dependencia do Concello.


Publicado en Deportes
Visto 1382 veces