O Alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, recibiu no Concello aos deportistas do Club Kick Boxing Arcade que lograron un novo éxito no campionato de España celebrado hai uns días en Guadalaxara.
12 medallas de ouro, 6 de prata e 5 de bronce foron os metais conseguidos neste campionato que sitúa ao Club de Arcade como o mellor equipo galego destes campionatos e está entre os primeiros de España.
Os deportistas que obtiveron medallas foron:
Andre Figueroa :bronce - Cael Andrew Wan :ouro - David Sobral :ouro - Izan Sotelino tí:prata
David Torres:bronce e prata - Oscar Carracelas :prata - Ismael Pardo :Bronce
Mara Ricòn :plata e bronce - Judit Duarte : plata e bronce - Marta Romero :ouro e bronce
Naiara Pereira : ouro - Fatima Rodrigueza: ouro e bronce - Sofia Älvarez : ouro e prata
As modalidades deste campeonato de España “Tatami Sport” foron: Point Fight, Light, KickLight e Fomas
O Alcalde de Soutomaior felicitou a cada un dos deportistas do club e ao seu director deportivo Manuel Alvarez (Lito).
Así mesmo informoulles que xa se abonou a axuda ao club por parte do Concello e nuns días os deportistas individuais que solicitaron a axuda recibirán unha comunicación do importe da mesma para proceder á súa xustificación.
Na recepción tamén se lle entregou un recordo a cada deportista.