fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 06 Mai 2019 13:17

Verduxo Soutomaior e Arcade Veteranos ascenden de categoría.

Verduxo Soutomaior e Arcade Veteranos ascenden de categoría.

Os equipos de fútbol de veteranos do Verduxo Soutomaior e Veteranos Arcade conseguiron o ascenso á división de honra de veteranos proclamándose campión o Verduxo Soutomaior e segundo clasificado o Arcade Vet. despois dunha intensa liga nas que os dous acabaron cos mesmos puntos (72) pero decidiuse o titulo polo golaveraje particular entre eles.

Desde o Concello de Soutomaior felicitamos a todos os integrantes destes dous clubs e sobre todo felicitar ás súas cabezas visibles como Miguel, Iván e Tero polo seu traballo nestes últimos anos que son recompensados con esta magnífica campaña que acaba co ascenso dos dous equipos do Concello de Soutomaior.


Publicado en Deportes
Visto 1197 veces