fbpx
Imprimir esta páxina
Martes, 12 Febreiro 2019 09:43

Rocódromo e circuíto de bicicletas

Rocódromo e circuíto de bicicletas

O Concello de Soutomaior comezou esta semana os traballos de mellora na área recreativa do Peirao de Arcade. Os primeiros traballos centraranse na creación dunha nova pista de bicicletas xunto ao parque infantil, que se ampliará para acoller a instalación do rocódromo. Ambas as actuacións serán financiadas exclusivamente con fondos municipais.

A instalación do novo recinto para bicicletas incluirá a creación dun circuíto de educación viaria de máis de 100 metros de lonxitude e diferentes traxectos, coa súa correspondente sinalización, nos que os pequenos poderán aprender a normas básicas de circulación á vez que gozan dun novo xogo.

Á beira do novo circuíto de bicicletas instalarase o novo rocódromo infantil. Contará cun pavimento flexible de 4cm adaptado á normativa de seguridade en parques infantís sobre o que se asentarán os dous novos elementos de escalada, o maior deles de tres metros de alto. O novo rocódromo contará con varias rutas de ascenso e diferentes niveis de dificultade para adaptarse ás capacidades de cada nen@.


Publicado en Deportes
Visto 1400 veces