fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 07 Novembro 2018 12:12

Alfonso Pazos (C.B.Arcade) – Distinción ao merito deportivo

Alfonso Pazos (C.B.Arcade) – Distinción ao merito deportivo

A Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia entregará o vindeiro martes 13 de novembro as distincións ao mérito deportivo de Galicia na súa edición 2018 nun acto que se celebrará no Auditorio Abanca de Santiago de Compostela.

 O presidente do Club Baloncesto Arcade está entre os distinguidos (a petición do Concello de Soutomaior) pola súa longa traxectoria tanto como adestrador de distintos equipos como dirixente do

C. B.Arcade .

A súa vida e o baloncesto son vidas paralelas. Empeza a xogar ao baloncesto con 14 anos e xa desde pequeno non se perdia ningún partido daquel equipo novo que xogaba na Ceramica e que se chamaba Club Baloncesto Arcadia.

 Unha longa vida deportiva vincula ao C. B.Arcade que cumpre 73 anos desde a súa fundación

As distincións foron creadas mediante a resolución do 28 de outubro de 2010 e son concedidas en recoñecemento do labor ou traxectoria, notoria e exemplar no ámbito deportivo de Galicia, ás persoas físicas ou xurídicas, entidades ou organismos, que estean a contribuír, ou contribuísen ao crecemento, promoción, fomento e excelencia do deporte e da educación física da nosa comunidade autónoma

O anuncio foi publicado o xoves 8 de novembro no Diario Oficial de Galicia.

Xa na gala do deporte 2018 do Concello de Soutomaior Alfonso Pazos foi obxecto dunha homenaxe especial pola súa contribución ao deporte do baloncesto no noso Concello


Publicado en Deportes
Visto 1572 veces