fbpx
Imprimir esta páxina
Martes, 02 Outubro 2018 10:44

Emotiva II gala do deporte

Emotiva II gala do deporte

O Multiusos de Arcade acolleu o pasado venres a II Gala do Deporte do Concello de Soutomaior,.

O obxectivo de homenaxear a clubs, deportistas que destacaron pola súa traxectoria deportiva cumpriuse con fartura.

 Foron presentados os 4 novos clubs federados como os de fútbol veterano Arcade e Verduxo así como o Club Petanca e o club ciclista Arcadecycles Team.

Os deportistas distinguidos e designados polos clubs locais foron: David Vilán, Alejandro Calvar e Lucia Bouzón (fútbol masculino e feminino), Sofía Alvarez e Alexia Ortega (artes marciais) e Mónica Alarcón (Ciclismo)

Como grupos os compoñentes do C.D.Soutomaior xuvenil, o C.D. Arcade sénior e infantil e as mozas do Arcadia Feminino, o grupo de show do Club de patinaxe e os xogadores de pádel do Club Tenis e pádel Soutomaior que participaron nas series nacionais.

Como deportistas distinguidos que compiten en clubs fose do Concello pasaron polo escenario Rita Lorenzo, Ainara Calvar e Aldara Cabaleiro en Ximnasia Acrobática, Antonio Palmas, Brais Sanchez e Daniela Alvarez en piragüismo, Mateo Crespo en Crossfit e o xogador do R. C.Celta David Vilán que na súa ausencia o premio foi recollido polo seu avó Manuel Alonso

Houbo un recoñecemento á Asociación Veciñal Pozo Vello pola organización da Baixada de Carrilanas de Arcade .

Á homenaxe especial a Alfonso Pazos do Club Baloncesto Arcade (que cumpre 73 anos desde a súa fundación) sumouse a Federación Galega de Baloncesto que lle entregou unha placa pola súa especial vinculación durante tantos anos co baloncesto galego tanto como adestrador como presidente.

A parte mais emotiva do acto foi o recoñecemento a antigos deportistas do Concello para agradecerlles a súa importante contribución ao deporte. Foron recoñecidos como “lendas” Daniel Alvarez – Luís Miguez – Francisco Villán -Carlos Abal – Jesús Martinez – Francisco Porto - Rodolfo Rodiño e Francisco Garcia

O acto foi presentado por Terio Carreira e e o monologista Cándido Pazó e estiveron presentes os delegados da Secretaria Xeral para ou Deporte, da Federación Galega de Baloncesto e o da unión de Federacións Deportivas Galegas así como representacións de todos os clubs deportivos do Concello de Soutomaior

Todas as fotos da gala pódense ver en facebook.com/Concello de Soutomaior.

 


Publicado en Deportes
Visto 1676 veces