fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 19 Setembro 2018 13:18

Recibimento a Antonio Palmas e Brais Sánchez

Recibimento a Antonio Palmas e Brais Sánchez

Antonio Palmas e Brais Sánchez foron recibidos no Concello de Soutomaior polo Alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, pola súa traxectoria deportiva e sobre todo polos últimos logros en competicións de alto nivel do piragüismo.

Este ano foron os vencedores do 47 Descenso Internacional do Miño, lograron tamén a primeira posición no XLI Trofeo Princesa de Asturias e 5º clasificados no 82º Descenso do Sella.

Como non poden estar presentes na II Gala do Deporte do Concello de Soutomaior que se celebrará o vindeiro venres 28 de setembro no Multiusos de Arcade aproveitaron este acto para gravar un pequeno vídeo que se fará público na gala.

Así mesmo o Alcalde Agustín Reguera díxolles que “O Concello e eu en particular quero seguir comprometéndome e apostando polo deporte” e lembrou o obxectivo fixado polo seu goberno de promocionar a práctica deportiva e unha vida saudable mediante distintas iniciativas ao longo do ano.

E dirixíndose aos deportistas lembrou que son o espello no que se miran as novas xeracións.

Ambos son veciños de Soutomaior e compiten no Club Piragüismo Vilaboa.


Publicado en Deportes
Visto 3489 veces