Mércores, 19 Setembro 2018 13:18

Recibimento a Antonio Palmas e Brais Sánchez

Recibimento a Antonio Palmas e Brais Sánchez

Antonio Palmas e Brais Sánchez foron recibidos no Concello de Soutomaior polo Alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, pola súa traxectoria deportiva e sobre todo polos últimos logros en competicións de alto nivel do piragüismo.

Este ano foron os vencedores do 47 Descenso Internacional do Miño, lograron tamén a primeira posición no XLI Trofeo Princesa de Asturias e 5º clasificados no 82º Descenso do Sella.

Como non poden estar presentes na II Gala do Deporte do Concello de Soutomaior que se celebrará o vindeiro venres 28 de setembro no Multiusos de Arcade aproveitaron este acto para gravar un pequeno vídeo que se fará público na gala.

Así mesmo o Alcalde Agustín Reguera díxolles que “O Concello e eu en particular quero seguir comprometéndome e apostando polo deporte” e lembrou o obxectivo fixado polo seu goberno de promocionar a práctica deportiva e unha vida saudable mediante distintas iniciativas ao longo do ano.

E dirixíndose aos deportistas lembrou que son o espello no que se miran as novas xeracións.

Ambos son veciños de Soutomaior e compiten no Club Piragüismo Vilaboa.


Publicado en Deportes
Visto 3486 veces

Deportes

Moita diversión na Carreira Infantil da Ostra

Moita diversión na Carreira Infantil da Ostra

28-03-2023 / Deportes

A carreira da Ostra desta mañá foi algo incrible. Preto de 500 participantes e moitos máis espectadores/as xuntáronse no Peirao de Arcade para gozar deste gran evento deportivo. Estamos moi satisfeitos co resultado. O nosos parabéns a todos os gañadores e gañadoras e moitísimas grazas aos/ás que participastes, vos sodes o motivo polo que seguimos organizando actividades de lecer saudable para...

Xa está todo preparado para a Carreira Infantil da Ostra: Comproba a lista de inscrición

Xa está todo preparado para a Carreira Infantil da Ostra: Comproba a lista de inscrición

24-03-2023 / Deportes

Este domingo celebramos unha nova edición da Carreira Infantil da Ostra que, como cada ano, reunirá a centos de familias no peirao e a moitos atletas que competirán nas distintas...

Gran evento deportivo, volve a Carreira Infantil da Ostra

Gran evento deportivo, volve a Carreira Infantil da Ostra

13-03-2023 / Deportes

Xa está aquí unha nova edición da Carreira Infantil da Ostra. O Domingo día 26 deste mes centos de nenos e nenas correrán no Peirao de Arcade nun gran evento...

Noite para non esquecer: Unha Gala do Deporte Emocionante e Divertida

31-10-2022 / Deportes

O pasado venres celebramos a IV Gala do Deporte Concello de Soutomaior. Presentada polo xornalista da TVG, Terio Carrera, ata 30  deportistas subiron ao escenario do Multiúsos para recibir os...

O Luns abrimos as inscricións para as escolas deportivas

09-09-2022 / Escolas Deportivas

A partir deste lúns día 12 de setembro e ata o día 23 deste mes, todos os interesados poderán inscribirse nas Escolas Deportivas Municipais, que ofertan unha gran variedade de...

Talo Río éncehese coa proxección do video recompilatorio das Actividades de Verán

01-08-2022 / Actividades de Verán (Deportes)

O pasada sábado Talo Río encheuse de familias que acudiron ao Festival de Clausura das Actividades de Verán. Empezamos cunha obra de teatro que encantou aos/ás máis cativos/as, para despois dar...

O concello pon a disposición dos deportistas unhas axudas económicas para que poidan perseguir as súas metas

26-07-2022 / Deportes

A Concellería de Deportes do Concello de Soutomaior, sendo consciente das dificultades dos deportistas de modalidades individuais para progresar na súa formación integral e para participar en distintas competicións, propón...

Xa dispoñible o programa da última semana de actividades de verán

21-07-2022 / Actividades de Verán (Deportes)

Na última semana  de actividades de verán deste ano, a cativada gozará de sesións de contacontos, hípica, actividades acuáticas, obradoiros de pintura e moito máis. Ademais, o sábado día 30...