O domingo 26 a partir das 18,00 horas no Campo Municipal de Candán ( Graciano Padín) de Soutomaior disputarase un clásico deste torneo C.D.Soutomaior contra o C.D.Arcade.
Os dous equipos de fútbol do Concello de Soutomaior volven verse as caras como cada verán neste torneo onde o C.D.Soutomaior espera dar a sorpresa xa que conta con novo adestrador e caras novas no seu persoal.
A diferenza de categoría normalmente non se nota neste torneo xa que é de preparación para a liga e a rivalidade convérteo nun bo espectáculo futbolístico.
AXENDA MUNICIPAL
Concellería de Deportes
CD Soutomaior - CD Arcade
Data: 26 Ago 2018 / 06:00PM -
Lugar da actividade: Campo M. de Fútbol de Candán, Soutomaior
Destinatarios/as: Todo público