A Concellería de Turismo do Concello de Soutomaior está a preparar a realización do Camiño de Santiago por etapas que se iniciará o próximo 1 de maio.
Dividirase en 6 etapas da seguinte maneira:
- 1ª Etapa: 1 de maio – Tui/Porriño - 18,7 Km
- 2ª Etapa: 5 de maio – Porriño/Arcade - 21,5 Km
- 3ª Etapa: 12 de maio – Arcade/Barro – 23,3 km
- 4ª Etapa: 17 de maio – Barro/Valga – 23,3 km
- 5ª Etapa: 26 de maio – Valga/Milladoiro – 24.4 km
- 6ª Etapa: 3 de xuño – Milladoiro/Santiago – 8 km
Haberá un autobús para a recollida e traslados aos puntos de principio e final de etapa.
As inscricións poderanse realizar ata o 24 de abril en liña (abaixo), no Concello e no Pavillón de Deportes, e terá un custo de 10 €.
A idade mínima para participar é de 15 anos a condición de que vaian acompañados por un adulto responsable.
Hai unhas prazas mínimas para realizar a actividade e as prazas máximas están limitadas por orde de inscrición con preferencia aos empadroados no Concellode Soutomaior.
OBRADOIROS / Concellería de Cultura
Camiño a Santiago
Inscricións ata: Martes, 24. April 2018
Datas do: 01-05-2018 o: 03-06-2018
Destinatarios: + 15 anos (menores compañados)
Inscrición en LIÑA