fbpx
Imprimir esta páxina
Martes, 26 Decembro 2017 10:11

O Apalpador

O Apalpador

Mércores 27 de decembro – O Apalpador - 

Debido ao mal tempo a vista do Apalpador trasládase da Alameda de Talo Río á Biblioteca Municipal. O horario será desde as 19,00 ás 20,00 horas

O vello Apalpador, tamén chamado en zonas Apalpabarrigas, ou Pandegueiro en partes do oriente ourensán, é unha figura lendaria galega que achega os agasallos ás nenas e nenos a noite de ano vello (ou a de nadal). Baixa das devesas do Courel, entra pola noite nos cuartos das nenas e nenos e moi silenciosamente lles apalpa as súas barriguiñas por ver se están mantidos. Se están cheas dilles: «Así, así esteas todo o ano» e déixalles unha presa de castañas. Senón cala, pero tamén lles deixa as castañas.

Anxo Moure e O Apalpador nun acto organizado polo Concello de Soutomaior e a Deputación Provincial


Publicado en Cultura
Visto 2317 veces