fbpx
Imprimir esta páxina
Martes, 14 Novembro 2017 13:40

Programación Nadal 2017

Programación Nadal 2017

O programa de actividades preparado polo Concello  de Soutomaior para as Festas de Nadal  iniciarase o martes día 5 de decembro co encendido da iluminación do Nadal ás 7 da tarde na Alameda de Talo Río. Desde as 6 da tarde  o espectáculo “A bailar non Nadal” servirá de aperitivo ao encendido das luces do Nadal. Xogos musicais, cancións en directo, número de maxia, batalla de globos xigantes, etc. fará máis agradable a espera do aceso luminoso das rúas do Concello.

A programación do Nadal está composta  de distintas actividades tanto de carácter cultural , deportivo e lúdico para todos os públicos.

Desde os concertos da Banda e da Escola de música, o festival da solidariedade, concerto de habaneras, grupos folclóricos  e o concerto de corais son exemplos das actividades culturais.

No aspecto deportivo destaca o Festival de patinaxe no pavillón da Montesiña.

Como carácter lúdico pódense destacar “quedada..para ver unha peli”,” Nadal en familia”,” a gimkana do curioso” e distintas actividades de animación.

A entrega de premios do concurso de postais de nadal e a chegada e recepción aos Reis Magos completan esta programación do Concello de Soutomaior para este nadal.


Publicado en Cultura
Descargar adjuntos:

17-programacion-cultura-4-trimestre.pdf (585 Descargas)
Visto 2314 veces