fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 06 Abril 2017 12:15

Teatro Fonte da Tella

Teatro Fonte da Tella

Sábado 8 de abril ás 21,00 h. - Casa da Cultura Soutomaior

A programación do Concello de Soutomaior presenta este sábado á compañía localde teatro afeccionado Teatro Fonte da Tella, a obraA media luz os tres”.

Trátase dunha adaptación, en clave de humor, da obra de Miguel Mihura, que conta as aventuras de Alfredo, un home solteiro que só pensa en conquistar mulleres, pero que co tempo comproba que a súa vida está chea de fracasos.

Miguel Mihura (1905-1977), é o gran mestre do teatro humorístico contemporáneo en España. Domina toda clase de recursos escénicos, enxeñosos diálogos, e representa un humor fino, sutil e tenro, que chega con facilidade a todos os espectadores.

Esta obra é unha divertida comedia chea de ritmo que trata temas tan universais como o amor, as relacións de parella, a infidelidade e, sobre todo, a soidade.

A función está recomendada para público adulto, e representaraseeste sábado 8 de Abril, ás 21:00 h, na Casa de Cultura de Soutomaior.

Esta función é benéfica e a recadación destinarase a persoas sen recursos que sufriron danos nas súas vivendas a causa do temporal.

O prezo do donativo será de 3 € por persoa ou 5 € por parella.


Publicado en Cultura
Visto 2526 veces