fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 18 Mai 2016 11:04

Teatro para adultos

Teatro para adultos

 

A obra parte dun lugar común na casa dos horrores masculinos máis recentes, tres homes citados nunha clínica de reproducción, para propor unha volta á comedia máis clásica de caracteres. Mesmo lugar, mesmo tempo, mesmo espacio e unha acción evidente desencadenada polos conflictos entre tres personaxes arquetípicamente contrapostos obrigados a coñecerse e coexistir coas miserias propias e alleas.

Nun decorado sinxelo pero non exento de humor, Marcos Orsi dirixe unha comedia que, aínda que ás veces dá voltas sobre si mesma, non escatima axilidade nin dá tregua ós actores para buscar simplemente o riso e a complicidade do espectador.

  • Domingo 22 ás 20,00 horas – Multiusos de Arcade
  • Teatro para adultos: “O día do pai”
  • Non recomendada menores de 16 anos

Publicado en Cultura
Visto 2423 veces