fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 14 Xullo 2022 10:25

Bernardo Seoane, creador do trofeo dos premios indie de VideoXogando

Bernardo Seoane, creador do trofeo dos premios indie de VideoXogando

Moitos dos que estivestes a semana pasada en VideoXogando pasastes varias horas na caseta de xogos indies. Algúns deses xogos competiron nun concurso que enfrontou a algúns dos programadores máis prometedores do país.

Para o xurado contamos cun equipo de elite: O vogal da Asociación Galega de Empresas Desenvolvedoras de Videoxogos, Miguel Arean Míguez; o responsable do proxecto ‘Arcoíris’, Andrés de Pedro; e a Técnica Municipal de Xuventude do Concello, Sónia Pintos.

Finalmente, os premiados foron ‘O Xogo Eterea’ co premio VideoXogando de Cobre; ‘Azra’, co VideoXogando de Bronce; ‘Fábulas da noite’ co VideoXogando de Prata; e ‘Barista Take Away’ co VideoXogando de Ouro.

Todos os galardoados recibiron ademais dun Hosting Avanzado de Dinahosting, un trofeo realizado polo noso artista local, Bernardo Seoane.


Publicado en Cultura
Visto 384 veces