fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 08 Xullo 2022 09:52

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado encomía a programación de Videoxogando e Soutomareiro

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado encomía a programación de Videoxogando e Soutomareiro

Onte o alcalde de Soutomaior e a concelleira de Xuventude recibiron á Directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, quen quixo ver de primeira man as instalacións nas que hoxe e mañá se celebrará Videoxogando e o Festival SoutoMareiro.
Ambos os eventos contan co apoio da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. Durante o acto, Pichel destacou a importancia de organizar este tipo de programas para a mocidade nos que, ademais, se aposta pola cultura galega e encomiou a organización duns proxectos “tan prometedores”.
O Concello de Soutomaior procura seguir colaborando ca directora xeral en todo o posible.

Publicado en Cultura
Visto 402 veces