fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 06 Mai 2022 14:31

Dúas semanas de actividades para celebrar o Día das Letras Galegas

Dúas semanas de actividades para celebrar o Día das Letras Galegas

Onte, o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, e as  concelleiras de  Xuventude e Educación, Noelia Ocampo e Fátima Vidal, presentaron a programación do  Concello de cara á celebración do Día das Letras  Galegas o próximo 17 de maio.

Este ano o  Concello preparou un programa de actividades que se estenderá ao longo de dúas semanas. Este domingo, os máis pequenos poderán gozar dunha sesión de Teatro Para Bebés, coa función “Os tres  porquiños”.

A seguinte cita será o día 11 de maio, cando está programado o  XIV Concurso  Verbas para Comunicar, no que o alumnado de ESO e Bacharelato que se inscribiu competirá a través de textos e traballos audiovisuais por ser o/a mellor comunicador/a, utilizando o galego como medio. Doutra banda, a partir do día 14 e ata o 22 de maio a  veciñanza de Soutomaior e o alumnado dos centros escolares do  Concello poderán participar en “ Penso,  logo existo”, unha campaña que busca fomentar a difusión de ideas, opinións e pensamentos en galego a través das redes sociais.

Con todo, o gran evento chegará o propio día 17 de maio, o Día das Letras  Galegas. Ese día Talo Río encherase de xente grazas ao  obradoiro ‘ Verbas  na  rúa’ e á actuación do grupo  Caribantes de Ponte Caldelas, que poñerá o toque musical á velada a partir das 18.00 horas.

Por último, pechará esta programación de actividades o espectáculo dirixido ao público infantil “ Brinca  Vai”, que terá lugar o día 20 ás 18.30 horas na Biblioteca.


Cartel Cartel

Publicado en Cultura
Visto 578 veces