fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 28 Febreiro 2022 12:34

Domingo 6 de marzo. Entroido 2022

Domingo 6 de marzo. Entroido 2022

Soutomaior despide o Entroido este domingo 6 de marzo en Talo Río cun programa de actividades dirixido a todas as idades.

Comezaremos ás 18:00 h coa animación musical e de circo "Peque Disco Moc Moc".  A base de música, divertidas  coreos guiadas, xogos musicais, números de clown, malabares e malabares con lume saltaremos, bailaremos e riremos como nunca. Transformaremos Talo Río nun auténtica disco con este espectáculo participativo onde o público gozará desde as máis coñecidas cancións infantís ata a música máis actual.

A continuación, arredor das 19:00 h o dúo formado por “Pedro Madruga e Manoliño Trasnoita” entregarán os premios resultado da votación popular do concurso de disfraces e murgas  “Confientroido”. Haberá unha pantalla xigante para poder ver todas as presentadas e así ver as máis votadas.

Ao rematar a entrega de premios comezará a actuación do Trío Musical "3. com" que ambientará e amenizará a festa con música en directo. Cunha longa carreira, coa súa formación e experiencia no mundo da música Iván, Fátima e Patricia pecharán este programa de Entroido 2022.

 


Publicado en Cultura
Visto 384 veces