fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 09 Febreiro 2022 14:30

Entroido 2022!

Entroido 2022!

Soutomaior comeza cos preparativos desta festa tan esperada. Este ano seguiremos mantendo unha proposta adaptada ás circunstacias derivadas da COVID-19 pero cunha morea de actividades nas que poder gozar desta festa popular na que non falte o humor.

Comezaremos co concurso...

 

CONFIENTROIDO

Subir á Web: https://www.gabinetesoutomaior.com/index.php/programas-municipais/confientroido un vídeo ou foto no que todas as persoas están caracterizadas / disfrazadas. 

 

MODALIDADE PHOTOCALL (foto):

A participación pode ser:

  • Individual ou por unidade familiar/grupo.
  • Especial alumnado centros educativos: subindo á Web unha foto de “grupo aula”. Pode participar o profesorado.
  • Especial escaparates: comercios e establecementos que ambienten o seu escaparate con motivos de Entroido.

Opción de escoller na Web, cando subades a foto, un dos photocall tipo dispoñibles para encaixar a foto enviada.

 

MODALIDADE MURGAS (vídeo): 

A participación pode ser:

  • Por unidade familiar/grupo: presentar a gravación na que as persoas caracterizadas interpretarán unha adaptación dunha canción coñecida con  letras feitas por eles e elas sobre temáticas de actualidade.
  • Especial alumnado centros educativos: vídeo de “grupo aula”. Pode participar o profesorado.

O prazo  REMATARÁ O DOMINGO 27 DE FEBREIRO. O Xurado será popular e a votación realizarase a través desta mesma Web na que se poden consultar tamén as bases e premios.

 

PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES

 

Sábado 26 febreiro

Música  e animación de rúa a cargo de "Batucade"  acompañado por  “Pedro Madruga e Manoliño Trasnoita”.

O percorido polos barrios na web: https://www.gabinetesoutomaior.com/index.php/programas-municipais/confientroido

 

Domingo 27 de febreiro

  • 18.00 h | Animación “Á abordaxe Pirata”. Público familiar.
  • 19.00 a 20.30 h | Dj Música e animación.

 

Domingo 6 marzo

  • 18.00 h | Animación  “Peque disco Moc Moc”. Público familiar. Entrega premios Concurso “Confientroido” a cargo de “Pedro Madruga e Manoliño Trasnoita
  • 19 a 21 h | Actuación Trío Musical.

 

 

 

Publicado en Cultura
Visto 1464 veces