fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 14 Xaneiro 2022 10:19

Subvencións dirixidas a asociacións

Subvencións dirixidas a asociacións

Veciñais, confederacións, federacións ou unións de asociacións veciñais, comunidades de usuarios/as de augas e asociacións de mulleres rurais de Galicia convocadas pola Xunta de Galicia para realizar investimentos, tanto de obra como de equipamentos, en inmobles da súa titularidade ou dos cales lles corresponda o dereito de uso, e traídas de auga veciñais, coa finalidade de mellorar a calidade de vida local e fomentar e dinamizar a participación veciñal e a cohesión social, contribuíndo deste xeito a satisfacer as necesidades e aspiracións da veciñanza.
 
Requisitos:

As entidades deberán estar, en todo caso, debidamente inscritas no correspondente Rexistro de Asociacións da Comunidade Autónoma de Galicia (central ou provincial), dependentes da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, e conter na súa denominación a identificación como asociación de veciños, federación, confederación ou unión de asociación de veciños ou como asociación de mulleres rurais, segundo o caso.

As comunidades de usuarios de augas deberán estar legalmente constituídas e inscritas no libro do Rexistro de Augas do correspondente organismo de bacía como titulares do aproveitamento de augas para o cal solicitan subvención.

Non se admitirán as solicitudes das entidades non inscritas na data en que remate o prazo de solicitudes.

A axuda económica que se conceda poderá acadar a totalidade do investimento realizado cun límite máximo por entidade de 12.000 euros para a realización de obras e de 5.000 euros para a dotación de equipamentos.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede. xunta.gal

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. DOG 14/01/22 Prazo desde o 15 de xaneiro ata o 14 de febreiro de 2022

Desde


Publicado en Cultura
Visto 545 veces