fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 29 Decembro 2021 14:50

Especial Noite de Reis!

Especial Noite de Reis!

O mércores 5 de xaneiro celebramos esta data tan esperada da chegada dos Reis Magos a Soutomaior. Para recibilos o Concello de Soutomaior ten preparadas unha serie de actividades coas que darlles a benvida coas cales todos e todas poidamos disfrutar deste día e noite tan especial. 

Pola mañá, Melchor Gaspar e Baltasar visitarán todos os barrios de Soutomaior. A recepción realizarase ás 11.30 h na Casa do Concello e a partir das 12.00 h comezará a visita seguindo a seguinte orde:

 

BARRIO

PARADA

Inicio

 

Casa do Concello

 

Pedreira

Casa do pobo

 

Romariz

Campo de San Benito

 

Comboa

Veiguiña longa

 

Aranza

O Cotiño

 

Cortellas

Praza

 

Moreira

Fonte de San Sebastián

 

Lourido

Chan de Moreira

 

Val Sobral

Prazoleta do Sobral

 

Rial

Igrexa

 

Alxán

Antiga Escola - Obradoiro

Fin

Montesiña

Casa do Pobo

 

Xa pola tarde, a partir das 17.00 comezar o tradicional desfile e cabalgata de Reis xunto coa Comitiva Real e resto de animacións.  Comezará na rúa Calvario e rematará na Alameda Talo Río onde as súas Maxestades de Oriente farán unha recepción con todos as persoas asistentes. 

Lembramos que se seguirán todas as normas de seguridade e prevención estipuladas para ese momento polas autoridades sanitarias para a prevención da COVID-19 e haberá persoal para que se realicen correctamente e así evitar aglomeración e posibles indicencias.


Publicado en Cultura
Visto 455 veces