fbpx
Imprimir esta páxina
Martes, 28 Decembro 2021 19:34

Paseo en tren. Especial Noite de Reis.

Paseo en tren. Especial Noite de Reis.

O Concello de Soutomaior ten en marcha todos os preparativos para recibir ás súas Maxestades de Oriente. Xunto á tradicional colocación dos buzóns para recoller todas as peticións e desexos, no programa "Especial Noite de Reis" tamén contamos tralo fin da Cabalgata coa posibilidade de dar un paseo polos arredores de Talo Río en tren. Neste caso, poderedes anotarvos en liña ata este mércores  ás 13.00h na web: Paseo en tren polos arredores de Talo Río - 2021 (gabinetesoutomaior.com)

Tamén poderedes anotarvos directamente ese mesmo día. Nesta actividade poden participar persoas de todas as idades.

Por outra banda, ao longo desta semana comunicaremos a todas as persoas que se inscribiron en prezo na actividade "Acompaña aos Reis durante o desfile" de que foron admitidas.  Non realizamos sorteo público porque as solicitudes non cubriron a totalidade das prazas.O prazo para esta actividade xa está pechado. Para garantir as distancias de seguridade manteremos este número reducido de reservas.


Publicado en Cultura
Visto 420 veces