fbpx
Imprimir esta páxina
Martes, 28 Decembro 2021 18:53

Pre_badaladas fin de ano!

Pre_badaladas fin de ano!

O Concello de Soutomaior convida a todos os veciños e veciñas a despedir o ano cun espectáculo de circo e clown. Ilusión e humor, unha mestura coa que rematar 2021 e camiñar cara o 2022.

O xoves 30 de decembro ás 17 h na Alameda Talo Río comezará o espectáculo de pre-badaladas "Rogelio, un paiaso rematando o ano" a cargo de Assircópatas (Dani Blanco). Dun xeito divertido, en clave de circo, humor, escapismo,... este paiaso iranos levando ata o momento das badaladas de lacasitos e lambonadas. 

O público estará sentado e acompañado pola Fada do Tempo e as Pompeiras que irán repartindo o cotillón e o pack individual de 12 lacasitos/gominolas para que cando chegue o gran momento poidamos pre_despedir o 2021.  Manterase a distancia de seguridade entre cadeiras para poder cumprir a normativa e distancia de seguridade, velando en todo momento pola seguridade de todos e todas.

Cando remate  e o reloxo de ás 12 badaladas, arredor das 18 h, continuaremos con música, DJ e animación.

Este evento vai dirixido a todos os públicos e idades. 

 


Publicado en Cultura
Visto 832 veces