fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 13 Agosto 2021 11:11

Concerto De Vacas!

Concerto De Vacas!

Sábado 4 de setembro o grupo De Vacas  estará en concerto ás 22 h na Alameda Talo Río Talo Río, Arcade. 

Esta proposta incluída no marco do programa "Pasiño a Paso, Soutomaior no Camiño" do Concello de Soutomaior está financiada pola Xunta de Galicia e nace da necesidade de ver o Camiño como unha oportunidade na que a través da música poidamos dar pasos para conseguir a igualdade e rachar cos estereotipos de xénero. Onde as protagonistas sexan as mulleres como impulsoras do movemento e aglutinadoras do pensamento crítico e da conciencia social cara un sociedade máis xusta e igualitaria onde a violencia non teña cabida.Desde a Concellería de Cultura escollemos para representar isto ao grupo DE VACAS porque fan unha labor moi interesante e didáctica coa mocidade pois a través das súas letras e música reflexionan sobre o tema da violencia e o machismo, para rachar estereotipos e reducir os prexuízos cunha linguaxe actual contemporánea e sen complexos. De Vacas é o proxecto musical das vocalistas  Faia Díaz, Inés Salvado e Paula Romero, ao que decidiron incorporar a Guillerme Fernández (guitarra). Déronse a coñecer a través de internet cunha sorprendente versión do  Gangnam  Style, de  Psy. E iso que, cando decidiron poñer en marcha o experimento, pretendían ser un grupo de versións das  Spice  Girls, pero Guillerme convenceunas para  amplar o abanico de artistas aos que facer unha versión. Son un grupo que atraen a todos os públicos porque as súas versións son moi coñecidas, os temas teñen incluso coreografías facendo que os seus concertos sexan moi divertidos e interactivos e ademais teñen unha estética desenfadada.

Será de balde. Ata completar aforo.


Publicado en Cultura
Visto 487 veces