fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 13 Agosto 2021 10:48

Susana Seivane, en concerto!

Susana Seivane, en concerto!

Este domingo 29 de agosto ás 21:30 h no Peirao de Arcade teremos ocasión de gozar coa música desta gran gaiteira galega que conta cun estilo musical propio no que mestura o tradicional dos antigos gaiteiros e gaiteiras, mais incorporando ás veces influencias doutras músicas.

Susana Seivane pertence a unha familia recoñecida dentro do mundo dos/as gaiteiros/as e artesáns de Galicia, a familia Seivane. Comezou a súa andaina musical ao cumprir tres anos de idade da man do seu pai Álvaro Seivane. Dende os 10 anos comezou a ofrecer concertos por todos os recunchos do país. 

No ano 2001 resultou escollida como unha das cinco finalistas dos Indie Awards, os premios que cada ano outorga a Asociación de Música Independente dos Estados Unidos (AFIM), na categoría de mellor artista de Músicas Contemporáneas do Mundo.

Ten cinco discos editados e acostuma facer xiras anuais polo territorio europeo (FranciaHolandaEspañaEscociaPortugalAlemañaItalia...) e americano (Bos AiresRío da Prata, Estados Unidos).

ESte concerto que dará en Soutomaior encádrase dentro do programa "Musigal" 2021  para contribuír á difusión e á promoción da música galega e en galego nos concellos da provincia de Pontevedra e fomentar ao tempo o uso e a normalización social da lingua galega e a defensa dos valores da igualdade de xénero.

 


Publicado en Cultura
Visto 417 veces