Este domingo 22 de agosto ás 22 h na Alameda de Talo Rio proxección da película "Capitana Marvel" .
Ambientada nos anos 90, esta aventura preséntanos un período da historia nunca antes visto no Universo Cinematográfico de Marvel. A viaxe de Carol Danvers (Brie Larson) para converterse nunha das heroínas máis poderosas do universo, a Capitá Marvel, membro dunha raza de nobres heroes guerreiros/as. Mentres unha guerra galáctica entre dúas razas alieníxenas chega á Terra, Danvers loitará xunto a un pequeno grupo de aliados/as, mentres trata de atoparse a si mesma para descubrir quen é en realidade.
Brie Larson ( Kong: A Illa Caveira, A habitación) protagoniza esta película de orixes sobre a heroína da casa Marvel. Dirixen a película o tándem formado por Anna Boden e Ryan Fleck, codirectores da última aposta (2015) e Unha historia case divertida (2010). Boden e Flec escriben o guión da película xunto a Geneva Robertson- Dworet ( Tomb Raider). A repartición da película tamén conta cos actores Samuel L. Jackson ( Glass (Cristal)), Jude Law (Rey Arturo: A lenda de Excalibur), Annette Bening (As estrelas de cinema non morren en Liverpool), Ben Mendelsohn ( Ready Player One), Clark Gregg (Axentes de SHIELD), Le Pace (Gardiáns da Galaxia), Djimon Hounsou ( Aquaman) e a moza Mckenna Grace (A maldición de Hill House).
Entrada de balde. Ata completar aforo.