fbpx
Imprimir esta páxina
Martes, 10 Agosto 2021 10:44

Clarinet Recital

Clarinet Recital

Este venres 13 de agosto Raúl Reyes Fuentes ofrecerá un concerto de clarinete no Multiùsos en Arcade acompañado de Pablo Rodríguez ao piano. Haberá dous pases, o primeiro ás 21 h e o segundo pase ás 22 h.

Rául, veciño de Soutomaior, comezou os seus estudios con Iván Maia Boullosa e Carlos Abal Movilla na Escola de música de Arcade. No ano 2015 terminou os seus estudos de grao profesional, recibindo o “Premio Extraordinario fin de Grao”. Nese mesmo ano conseguiu unha praza para ingresar no CMUS Superior Vigo. A nivel orquestal é membro da Joven Orquesta de Galicia e da Bruckner Akademie Orchestra de Munich. Estudiou con profesorado do máis alto nivel, como Joan Enrich Lluna ou Juan Ferrer. Conseguiu en dous anos consecutivos o premio do concurso de Cámara “Cidade de Vigo”.Na actualidade áchase inmerso na creación do seu primeiro álbume, coa discrgráfica Orpheus Calssical. Acompañamos este artigo dun díptico no que poderedes coñecer a relevancia deste gran músico e artista.


Publicado en Cultura
Descargar adjuntos:

RAUL DIPTICO A.jpg (127 Descargas)
RAUL DIPTICO B.jpg (123 Descargas)
Visto 820 veces