fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 30 Xullo 2021 10:35

Fin de semana musical

Fin de semana musical

O Concello de Soutomaior dentro do seu “Verán 2021” programa unha fin de semana con música para adultos e para nen@s.

O venres 30 ás 22,00 horas no Peirao de Arcade dentro do programa Soutonight o grupo musical “ Legends” lembraranos temas dun xénero musical que combina melodías e letras típicas da música pop con elementos propios do rock.

Sábado 31 ás 21,000 horas. Uxia Lambona e a Banda Molona

Uxía Lambona e a Banda Molona recolle os clásicos populares galegos dándolle o seu toque particular, desde A Carolina “rapeada ata O Jato “rockeiro”
…e por outros moitos temas tradicionais e algún que outro tema propio, pasando polo ska,o reggae, o klezmer, a cumbia, o tango.

Todos eles moi dinámicos, facendo que todos os nen@s presentes sexan partícipes deste “des-concerto”, cheo de bailes, xogos, coreografías e alguna que outra sorpresa !!!

Domingo 1 ás 13,00 horas. – Grupo musical “Cara B” – Alameda Talo Río

Dentro da programación do verán 2021 tamén ten o seu oco unha antiga tradición musical como era a “sesión vermu”. Por iso e para animar a mañá do domingo o grupo musical “Cara B” , grupo cun amplo repertorio dos grandes temas do rock e pop español dos 80 e 90.

Todas estas actuacións estarán sometidas ao protocolo (publico sentado) que actualmente ten en vigor a Xunta de Galicia para os espectáculos ao aire libre para facer fronte ao Covid-19


Publicado en Cultura
Visto 282 veces