fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 29 Xullo 2021 08:23

Uxía Lambona e a Banda Molona EN CONCERTO!

Uxía Lambona e a Banda Molona EN CONCERTO!

Este sábado 31 de xullo ás 21 h na Alameda de Talo Río " Uxía Lambona e a Banda Molona"ofrecerannos un espectáculo musical dirixido fundamentalmente a público infantil no que se recollen os clásicos populares galegos dándolle un toque particular, dende A Carolina “rapeada” ata O Jato “rockeiro”, pasando por outros moitos temas tradicionais, todos eles moi dinámicos, facendo que todos e todas as nenas presentes sexan partícipes deste “des-concerto”, cheo de bailes, xogos, coreografías e algunha que outra sorpresa.  A banda está composta por cinco por Pali ao baixo, Ñoc á batería, Diego á gaita e frauta, Serghaño á guitarra, Roscón ao acordeón e Uxía cantando e animando. Ten o obxectivo de facer cantar e bailar “coma toliñ@s” a todos os nenos e nenas, achegándolles a música tradicional galega dun xeito atractivo, cambiando estilos musicais, letras…, e temas propios sempre en galego. Trátase dun espectáculo para gozar en familia! Será de balde. As prazas cubriranse por orde de chegada ata completar aforo (o permitido polas actuais restriccións sanitarias).


Publicado en Cultura
Visto 790 veces