fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 02 Xullo 2021 09:08

Contacontos e obradoiro artístico "Xulia Minguillón"

Contacontos e obradoiro artístico "Xulia Minguillón"

O venres 9 de xullo ás 19 h na Xunqueira de Arcade temos unha nova cita dentro do programa Encontros lingoreteiros: arte e lingua. Nesta ocasión a artista sobre a que imos traballar será Xulia Minguillón que conta cunha extensa obra: retratos, composicións de figuras, bodegóns e paisaxes. Probablemente o mellor son as súas paisaxes, xénero que cultivou  tardiamente, pero no que se expresou coa máxima liberdade.

Para coñecela mellor, na primeira parte da sesión, realizarase unha breve e amena introdución de contacontos e narración oral sobre a súa vida e obra contando co apoio de imaxes das súas creacións máis representativas.  A continuación, comezaremos o obradoiro de expresión plástica inspirado na súa obra. Dirixido a nenos e a nenas a partir dos 5 anos acompañados/as dunha persoa adulta.

Haberá que inscribirse previamente en https://www.gabinetesoutomaior.com/index.php/inscricions-menu/inscricions-en-lina

As prazas serán limitadas. Se quedan prazas vacantes, no mesmo día da actividade antes do inicio e no lugar de realización cubriranse por orde de chegada ata completar aforo.


Publicado en Cultura
Visto 397 veces