fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 28 Xuño 2021 14:20

Este sábado poñemos fin ó Ciclo de cinema en galego!

Este sábado poñemos fin ó Ciclo de cinema en galego!

 
"NACIÓN", proxectarase este sábado 3 de xullo ás 22.30h en Talo Río, Arcade no marco do Ciclo de cinema galego que deu comezo no mes de xuño e que o Concello de Soutomaior pechará este sábado coa proxección deste filme da cineasta Margarita Ledo Andión (1951, Castro de Rei, Lugo).
 
Margarita é unha relevante figura da cultura galega, cineasta, escritora e catedrática de Comunicación Audiovisual na Universidade de Santiago de Compostela (onde tamén exerceu como Decana).
 
Este filme trata sobre a fábrica galega de louza Pontesa pechou en 2001. Vinte anos despois, á espera de sentenza sobre a súa reclamación de débeda pendente, un grupo de traballadoras lembra o símbolo da súa liberdade individual, a súa emancipación económica e a súa loita sindical. Nieves,  Ester, Manuela, Carmen  P. e Carmen A. manteñen viva a pelexa polos dereitos da muller na España do século  XX. A historia das súas vidas desprégase en presenza da  esfinge: reclama a memoria das operarias do téxtil, a louza e a conserva e anuncia voces e arquivos que  engarzan tempos e corpos diferentes. Traballar sen cobrar? Iso nin falar.
 
O aforo cubrirase por orde de chegada ata completarse segundo as restriccións vixentes.
 

Publicado en Cultura
Visto 387 veces

Medios