fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 24 Xuño 2021 09:25

Participamos da Novena Edición do Festival Atlántica!

Participamos da Novena Edición do Festival Atlántica!

Contacontos a cargo do contador Avelino González.

Este ano imos navegar con Atlántica un festival internacional de narración oral que segue a medrar e que nesta edición estará presente en Soutomaior. Contadores e contadoras de historias chegados de Brasil, Guadalajara, Zamora, e unha amplísima mostra de talento galego e novas voces que están a xurdir serán os e as protagonistas desta nova edición.

Atlántica ao seu paso polo Concello de Soutomaior traeranos os contos de  Avelino González que estará no Multiúsos en Arcade o xoves 8 de xullo  ás 20.30 hpara contarnos unha morea de contos dirixidos a público familiarde todas as idades. Contos fantásticos para pasar un rato moi divertido e entretido ao aire libre!

O aforo será limitado e o acceso será por orde de chegada sen previa inscrición.

Avelino é actor, contador, tradutor e director. Traballou en teatro, televisión, cine e bares. En compañías como Ollomoltranvía, en espectáculos como Commedia, en películas como Heroína ou Gallego, en series de televisión como Padre Casares, Cuéntame, Hopital Central… e o seu labor teatral foi recoñecido con varios Premios María Casares. Cos contos xa percorreu Europa (Polonia, Alemaña, Suíza…) saltou o Atlántico (Cuba), e toda a península. Fixo dous espectáculos de contos para teatros. Un deles, Vento mareiro, foi o espectáculo máis representado en Galicia no 2005 e recibiu o Premio María Casares a Mellor Música Orixinal. Avelino González pódese atopar en teatros ou bares, na gran pantalla e na pequena (a da tele, e tamén a do ordenador). Pode parecer moita cousa e moi distinta pero en realidade é a mesma cousa: contar ou axudar a contar as de outros en distintos formatos.

Este Festival está dirixido por Soledad Felloza  e nel ademais da colaboración do Concello de Soutomaior tamén están presentes a Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña.

 

Máis información sobre o Festival: https://festivalatlantica.gal/


Publicado en Cultura
Visto 430 veces