fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 16 Xuño 2021 09:07

Ciclo de cinema en galego: A illa das mentiras.

Ciclo de cinema en galego: A illa das mentiras.

Este sábado 19 de xuño ás 22.30 h no auditorio exterior do Multiúsos, o Concello de Soutomaior continuará co Ciclo de Cinema en Galego programado para todo este mes de xuño e principios de xullo. Nesta ocasión proxectarase o filme A ILLA DAS MENTIRAS, un filme de 2020 dirixido pola galega Paula Cons, con guión da propia Paula Cons e Luis Marías, e protagonizada por Nerea BarrosVictoria TeijeiroAna OcaAitor Luna e Darío Grandinetti. Conta a historia ficcionada das Heroínas de Sálvora, tres mozas que arriscaron a súa vida para salvar os sobreviventes do naufraxio do Santa Isabel na Illa de Sálvora.

O argumento desenvólvese durante a madrugada do 2 de xaneiro de 1921 o vapor Santa Isabel que se dirixía a Bos Aires afúndese fronte á costa da Illa de Sálvora na ría de Arousa, Galicia. Nesa noite non había homes na illa, xa que estaban a celebrar o Nadal en terra firme. Tres mozas da illa arriscan a súa vida para salvar aos sobreviventes: María (Nerea Barros) impulsiva e adiantada ao seu tempo, Josefa (Vitoria Teijeiro) un pouco tópico da muller galega, calada e máis prudente e Cipriana (Ana Oca) case unha nena que quere saír da illa para coñecer o mundo real. Remando só de ouvido pola espesa néboa e a noite pechada logran salvar a 48 persoas.Un xornalista arxentino, León (Dario Grandinetti) chega á illa para cubrir a noticia e investigar o caso. Co transfondo das loitas sociais, aos poucos o xornalista descobre que nada é o que parece e que hai numerosas incógnitas por resolver.

O acceso será de balde e as prazas serán limitadas. Non é necesario facer reserva previa de prazas.


Publicado en Cultura
Visto 570 veces