fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 16 Xuño 2021 09:03

Entrega de premios: Penso, logo existo... en galego!

Entrega de premios: Penso, logo existo... en galego!

A Concelleira de Educación, Fátima Vidal, en nome da Concelleira de Cultura, Noelia Ocampo, fixo entrega este martes dos patinetes eléctricos ás persoas que resultaron premiadas na Iniciativa Penso, logo existo... en galego! promovida polo Concello de Soutomaior para impulsar o uso da lingua galega nas redes sociais.
 
A entrega realizouse no IES Soutomaior dado que todas as persoas premiadas resultaron ser alumnado deste centro e así facilitar a súa entrega ás persoas xa que se realizou durante a hora do recreo. Ademais, de poder estar acompañados/as durante a entrega de compañeiros/as e dalgún do seu profesorado que os animou a seguir participando nesta iniciativa. Noraboa a,
MANUEL LORENZO GALIÑANES (15 ANOS)
FIZ GARRIDO ESCUDERO (15 ANOS)
LOLA FERNÁNDEZ CRESPO (13 ANOS)
AINOA CABALEIRO LAMEIRO (13 ANOS)

Publicado en Cultura
Visto 384 veces