fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 10 Xuño 2021 13:59

Entre lusco e fusco: lendas da Peneda.

Entre lusco e fusco: lendas da Peneda.

O vindeiro venres 18 de xuño as 21:00 horas no Monte da Peneda terá lugar a actividade "Entre lusco e fusco: Lendas da Peneda" organizada polo Concello de Soutomaior dentro do programa Bibliofogar. Unha actividade na que poderemos participar dunha contada a cargo de Celso F. Sanmartín, máis coñecido como Celsiño, que nos achegará coas súas historias, recollidas a gran maioría da tradición oral, ás lendas e crenzas da nosa terra e que se desenvolverá nunha hora na que estaremos preto do momento no que as luces mestúranse coas sombras para dar a benvida ao preguiceiro solpor destas datas. O sitio da contada será na Ermida da Peneda, un lugar xa de por si máxico. Vai dirixida a todos os pùblicos. Remataremos coa actuación a cargo do grupo de música popular Poalleira.

O acto contará con todas as medidas de seguridade e prevención por parte da organización. 

As prazas son limitadas e para poder asistir haberá que reservar praza previamente, chamando á Biblioteca Municipal Luís Seoane no número 986700291 ou ben por correo electrónico en Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.


Visto 553 veces