Mércores, 09 Xuño 2021 11:05

Programación Verán Cultural, Soutomaior 2021

Programación Verán Cultural, Soutomaior 2021

Soutomaior presenta a programación para este verán 2021.  Ó longo dos meses de xuño a agosto haberá actividades moi variadas dirixidas a todos os públicos que se desenvolverán en diferentes lugares do municipio co fin de achegar a cultura a todos e todas achegándonos a todos os lugares de lecer e esparcemento da poboación de Arcade e Soutomaior.

No mes de Xuño comezamos co Ciclo de Cinema Galego coa proxección do filme O QUE ARDE, unha proposta que continuará todos os sábados deste mes proxectando cada día unha:  sábado 12 ONS, sábado 19 A ILLA DAS MENTIRAS, sábado 26 CUÑADOS e finalmente, o sábado 3 de xullo proxectarase NACIÓN. Dado que os días agora son máis longos a hora de proxección de todas será ás 22.30 h co fin de adaptarnos  á luz e sempre que o tempo o permita no exterior.

Entre medias durante este mes de xuño, xullo e agosto haberá actividades para manterse en forma, actividades de orientación no Camiño Xacobeo, obradoiros, contacontos, actividades de lecer e educativa como os campamentos, teatro e música popular galega abordando a través destas actividades temas como o medio ambiental, a diversidade e tolerancia ou o Camiño de Santiago e a súa historia.

No mes de xullo porase en marcha o programa Encontros lingoreteiros: arte e lingua. Un programa de contacontos e obradoiros que se levará a cabo todos os venres do mes de xullo e o primeiro de agosto para en cada sesión traballar diferentes artistas galegos/as seleccionados para dar a coñecer o patrimonio cultural galego coas propostas de Xulia Minguillón, Menchu Lamas, Maruxa Mallo, Laxeiro, Alex Vázquez e Castelao. Os lugares seleccionados para realizar esta actividade son varios: a Xunqueira de Arcade,  Veiguiña Longa en Comboa, Peirao de Arcade e Alameda Talo Río. Dirixidos a nenos e nenas a partir de 5 anos acompañados/as dunha persoa adulta. A partir de 10 anos pode asistir sos/soas.

Clásicos na programación dos veráns culturais son o ciclo de Cinema de verán ao aire libre, programa dentro do cal proxectaranse varios filmes: sábado 10 de xullo “Padre no hay más que uno”, domingo 15 de agosto Abominable e domingo 22 de agosto “Capitana Marvel”. Ou por exemplo, os programasSoutonight ou as Sesións Vermú nos que se enmarcan espectáculos de música, teatro, etc., como por exemplo: venres 30 de Xullo “Moosing” en Talo Río, sábado 17 de xullo Pop Rock&Cafe no Peirao, domingo 25 de xullo sesión vermú con “Raúl&Compañía” ou domingo 1 de agosto sesión vermú con “Cara B” en Peirao, entre outros.

Na programación tamén haberá grandes eventos musicais como o Festival SoutoMareiro o venres 23 de xullo no que actuarán Sheila Patricia e Laura Lamontage&PicoAmperio ou o sábado 24 de xullo o concerto de Susana Seivane o sábado 24 de xullo, o concerto de Uxía Lambona” o sábado 31 de xullo, os concertos como o da Banda Artística de Arcade de Pasodobres o domingo 8 de agosto, o Festival de Bandas da Artística de Arcade o sábado 21 de agosto e o Musical “Supermeiga” o sábado 14 de agosto.

Complétase esta programación co Teatro Maxia “Gosth” o sábado 7 de agosto, Teatro a cargo da compañía MDM coa peza “El mentiroso” o sábado 28 de agosto.

Colaboran co Concello no financiamento a Deputación Provincial de Pontevedra e a Xunta de Galicia, a través da liña Xacobeo 21-22.

Máis información sobre a programación na axenda municipal: https://www.gabinetesoutomaior.com/index.php/axenda-municipal

 

Consultar en cada actividade se hai que realizar inscricións previas. Nesta web poderedes atopar as inscricións en liña: https://www.gabinetesoutomaior.com/index.php/inscricions-menu/inscricions-en-lina

 


Publicado en Cultura
Descargar adjuntos:

21 Programación Verano.pdf (174 Descargas)
Visto 412 veces

Cultura

En San Xoán, a sardiña pinga o pan

En San Xoán, a sardiña pinga o pan

20-06-2023 / Cultura

Este venres agradámosvos no Peirao de Arcade a partir das 20:00h para gozar dunha noite máxica na que non faltará a música, a tradición, as animacións de rúa e todos compoñentes para pasalo ben. Haberá actividades para todas as idades e públicos. Non faltes!!!

Unha selección de primeiro nivel para celebrar o Día do Libro Infantil e Xuvenil

Unha selección de primeiro nivel para celebrar o Día do Libro Infantil e Xuvenil

04-04-2023 / Cultura (Biblioteca Municipal)

Con motivo do día do Libro Infantil e Xuvenil, a Biblioteca Municipal fixo unha selección dos libros galardoados co Premio Andersen de Ilustración, unha distinción que conta cun gran prestixio...

Máis de 35.000 persoas, 115.000 ostras e noites a rachar nunha Festa da Ostra multitudinaria!

Máis de 35.000 persoas, 115.000 ostras e noites a rachar nunha Festa da Ostra multitudinaria!

02-04-2023 / Festa da Ostra

Emocionante ver Arcade tan cheo de xente gozando ca súa familia e amizades. Dende o Concello puxemos todo da nosa parte para que esta Festa da Ostra fora inesquecible, e...

Xa está aquí a programación da XXXV Festa da Ostra

21-03-2023 / Festa da Ostra

Como sabedes, a Festa da Ostra  terá lugar os próximos días 31, 1 e 2 de abril. Tal e como se explicou na presentación oficial, que tivo lugar o pasado...

Presentada a XXXV Festa da Ostra

17-03-2023 / Festa da Ostra

Hoxe presentamos a XXXV Festa da Ostra. Nesta edición queremos levar a Festa ao seguinte nivel. O ano pasado foi un ano de transición despois da pandemia e, agora si...

Sara Obelleiro expón: BALEIRO

15-03-2023 / Cultura

A nosa veciña Sara Obelleiro será a primeira en expoñer o seu traballo grazas ao programa Artellando, que busca poñer en valor o traballo dos nosos artistas locais. Facédelle caso e...

Multitudinario "Enterro da Ostra"

06-03-2023 / Cultura

Este ano recuperouse esta tradición grazas á organización das comparsas do Concello e ao apoio institucional. A procesión foi seguida por centenas de persoas que acompañaron á Ostra ata o...

Así quedou a antiga Escola de Moreira

15-02-2023 / Cultura

O cambio radical é digno de un programa de reformas da tele! Este espazo que xa está rematado, a falta de ser amoblado debidamente, será o epicentro de moitas actividades...


Os libros que che fan imaxinar

La reina en la cueva

12-02-2024 / Os libros da Biblioteca

"Un día, de repente, a Franca no le apetece pintar, ni hacer...

Vémonos mañá

18-12-2023 / Os libros da Biblioteca

"A finais de xuño de 1986 Bibiano sae de México para regresar...

El hombre de la guerra

18-12-2023 / Os libros da Biblioteca

"Urko Pínaga regresa del exilio para asistir al entierro de su tía...

Só ficarán cinzas en algures

08-11-2022 / Os libros da Biblioteca

"Un baleiro perfecto, un asasinato imperfecto... Unha cidade onde nunca pasa nada, catro...

Llévame a casa

25-05-2022 / Os libros da Biblioteca

"Juan ha conseguido independizarse lejos de su país cuando se ve obligado...

Patio de luces

25-05-2022 / Os libros da Biblioteca

"Lea pasa as tardes dos venres co seu avó, que é porteiro...

Na néboa

26-01-2022 / Os libros da Biblioteca

"Na néboa, publicada por primeira vez en 1901, e unha hábil historia...

Antes de durmir

28-10-2021 / Os libros da Biblioteca

Unha delicada historia que fala da amizade durante a infancia e o...

Virtudes ( e misterios)

20-10-2021 / Os libros da Biblioteca

Premio Nacional de Narrativa 2021. El jurado de dicho premio ha seleccionado...

Las vencedoras

07-07-2021 / Os libros da Biblioteca

A los cuarenta años, Solène lo ha sacrificado todo por su carrera...

El huerto de Emerson

10-06-2021 / Os libros da Biblioteca

«La vida puede ser breve, pero la memoria de lo vivido no...

El silencio de las olas

10-05-2021 / Os libros da Biblioteca

Un sueño recurrente y perturbador. Un misterioso camafeo y una mujer en...