fbpx
Imprimir esta páxina
Martes, 01 Xuño 2021 18:22

Penso logo existo,... en galego. Listaxe de persoas participantes e sorteo.

Penso logo existo,... en galego. Listaxe de persoas participantes e sorteo.

Publícase a listaxe de persoas que participaron na iniciativa promovida pola Concellería de Cultura do Concello de Soutomaior incluída no programa de actividades organizadas co gallo da celebración do Día das Letras Galegas 2021. Participaron 13 persoas a través da redes social Facebook con vídeos e textos nos que hai reflexións sobre literatura, cine, medio ambiente e sobre a lingua entre outras. Desde o Concello queremos agradecer a todas as persoas que participaron a súa implicación ó compartir as súas ideas e inquedanzas así como por manter viva a lingua galega usando as redes sociais. Lembramos que participar implicaba entrar no sorteo de 4 patinetes eléctricos que se sortearán este xoves 4 de xuño de 2021 en horario de mañá.

Moita sorte a todos e a todas!


Publicado en Cultura
Visto 493 veces