fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 20 Mai 2021 18:59

Obradoiro de expresión plástica O MUSEO EN CAMIÑO

Obradoiro de expresión plástica O MUSEO EN CAMIÑO

O Concello de Soutomaior acolle a proposta O MUSEO EN CAMIÑO. O sábado 29 de maio de 11 a 12.30 h estará no Multiúsos en Arcade esta actividade que conta cun programa didáctico itinerante que achega unha escolma do patrimonio albergado no Museo de Pontevedra.

Trátase dun obradoiro de expresión plástica dirixido a persoas de 6 a 12 anos a través do cal os rapaces e rapazas experimentan con texturas, cores e aprender sobre o noso patrimonio dun xeito moi interactivdo e práctico. Unha proposta moi interesante e novidosa que nos achega á Cultura e á arte a través dunha maleta viaxeira deseñada especialmente para viaxar por moitos Concellos polos que transcorre o Camiño Portugués.

O obradoiro será de balde. As prazas son limitadas polo que se vos interesa anotádevos o antes posible en: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. Será impartido polos colectivos Taller Aberto e Paspallás ao abeiro do programa Ou teu Xacobeo da Xunta de Galicia.


Publicado en Cultura
Visto 516 veces