fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 14 Mai 2021 08:23

Campaña Penso, logo existo en Galego! Letras Galegas 2021

Campaña Penso, logo existo en Galego! Letras Galegas 2021

O Concello de Soutomaior pon en marcha dentro da programación "Semana das Letras Galegas 2021" esta campaña coa que pretende fomentar e promover o uso da lingua galega en contextos non formais e informais potenciando o uso da lingua galega a través das TIC e das redes sociais para que a lingua galega teña unha maior presenza nestas redes de comunicación e expresarnos en lingua galega nestes novos foros comunicativos.Vai dirixido a persoas con idades a partir de 10 anos (incluídos) empadroadas no Concello de Soutomaior ou que estuden nun centro educativo do municipio e poidan acreditalo. 

O prazo de participación será desde o día 14 de maio ata o 21 de maio (completos). Soamente se admitirán a sorteo as presentadas durante este tempo.

 

No caso de ser menores de idade ou de non ter Facebook  ou Instagrampoderá subir a túa publicación outra persoa adulta porque  o importante será o nome que figure no final como autor/a.Este será o nome da persoa que participa e polo tanto da persoa que entra no sorteo.

 

Como participar?

USANDO A LINGUA GALEGA PARA Escribir e compartir en galego unha reflexión, emoción, idea, proposta, aprendizaxe,... Podes escoller entre estes dous FORMATOS (escolle un):

A.     Texto en galego acompañado dunha foto como mínimo 80 palabras.

             B.     Vídeo con texto ou audio en galego mínimo 50 palabras

Para participar poderás escoller algunhas destas redes:

SE o fas en FACEBOOK CULTURA SOUTOMAIOR COMENTA directamente na publicación desta campaña que aparece no Facebook de Cultura.

SE o fas enINSTAGRAM PUBLICA a túa creación e pon o teu nome e apelidos ó final UTILIZANDO OS HASHTAG:

                #omixsoutomaior
                #SoutomaiorPensoLogoExistoEnGalego

 

IMPORTANTE: en ambos casos as persoas que entrarán a sorteo serán as que indiquen a autoría no final do texto ou do vídeo. Unicamente entrará a sorteo unha publicación por persoa. Cando unha mesma persoa presente varias soamente entrará en sorteo o primeiro subido en calquera das redes que use.

As persoas que participen e cumpran estes requisitos entrarán nun SORTEO de 4 PATINETES  ELÉCTRICOS QUE ESTARÁN ADAPTADOS ÁS IDADES DAS PERSOAS GAÑADORAS DO SORTEO.

Podedes consultas as bases íntegras en www.soutomaior.gal ou ben en www.gabinetesoutomaior.com

 

Animádevos!

 


Publicado en Cultura
Descargar adjuntos:

_BASES Penso, logo existo, en Galego (5).pdf (121 Descargas)
Visto 550 veces