fbpx
Imprimir esta páxina
Martes, 11 Mai 2021 12:49

Día das Letras Galegas 2021

Día das Letras Galegas 2021

O Concello de Soutomaior presentou as iniciativas municipais para a conmemoración do Día das Letras Galegas deste ano, dedicado á figura da poeta Xela Arias. As actividades están deseñadas para fomentar o uso do galego nos diversos contextos sociais dos máis novos e divídense en dous grandes grupos, os concursos literarios e de comunicación e as actividades presenciais do día da celebración.

En primeiro lugar, sitúanse os certames literarios “ Verbas para…comunicar”, que celebra este ano o seu XIII edición, e “ Penso, logo existo en galego”. O primeiro é un clásico da programación municipal e busca promover o uso do galego entre a mocidade dos centros escolares do municipio. Pola súa banda, o segundo pretende fomentar a lingua galega en contextos non formais e a través das redes sociais. Ambas permiten composicións en diferentes soportes á hora de transmitir os textos como o vídeo ou o audio.

Ademais dos dous certames en lingua galega, para o luns 17 de maio, Día das Letras Galegas, o Concello presentou dúas iniciativas para o público máis novo, unha xincana deportiva con xogos tradicionais e un contacontos infantil sobre as grandes literatas galegas. As dúas terán lugar na alameda Talo Rio de Arcade.

A xincana “ As nosas letras” está deseñada para fomentar o uso do galego en contextos lúdicos e espertar o interese dos participantes na cultura tradicional galega. O contacontos, titulado “ As mulleres das Letras” céntrase na figura das mulleres na literatura galega, desde Rosalía de Castro a Xela Arias pasando por Francisca Herrera, María Mariño e María Vitoria Moreno.

Conmemoración do centenario de Emilia Pardo Bazán

Ademais dos concurso e actividades relacionadas co Día das Letras Galegas, o Concello de Soutomaior tamén presentou esta mañá o taller “Historia dunha vida”. Unha actividade dirixida ao público infantil na que se pon en valor de forma moi interactiva a vida e obra da autora galega, Emilia Pardo Bazán, con motivo do centenario do seu falecemento.


Publicado en Cultura
Visto 216 veces